A Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información
e Comercio Electrónico (LSSICE) publicada no BOE o 12 de xullo obriga ás
Administracións Públicas a adoptar as medidas necesarias para que a
información dispoñible nos sitios webs da súa competencia poidan ser accesibles
sen limitacións nin restriccións debidas a condicionantes físicos ou técnicos.
A accesibilidade na web consiste en garantir o acceso á información e os servizos ofrecidos
nas súas páxinas sen limitación nin restricción algunha por
razóns de discapacidade de calquera tipo ou condicionantes técnicos, debendo
ter en conta que moitas persoas que acceden á información incluida nas nosas
páxinas fano dende diferentes dispositivos e entornos.
Co obxectivo de axudar e facilitar o acceso á información, as páxinas Web
deben cumplir unha serie de pautas e recomendacións indicadas polo grupo de
traballo WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/WAI), que forma parte do
consorcio de W3C (World Wide Web Consortium, www.w3.org).
Tales pautas conforman un estándar de feito en materia de accesibilidade ás
páxinas Web que varían dende o nivel 1 (A), pasando polo nivel 2 (AA), ata
o nivel 3 (AAA).
Tests de accesibilidade.
Este sitio web superou con éos os seguintes tests de accesibilidade:
Validador WAI. Declara que conforma as Directrices de Accesibilidade para
o Contido Web 1.0 co nivel Dobre A.
Validador CSS. Declara que a sintaxe das follas de estilo empregadas
é correcta.
Este portal Web foi desenvolto para satisfacer todos os puntos de
verificación de prioridade 1 e 2, acadando o nivel AA.
|
|
|
|
Validador WAI |
Validador CSS |
Deseño visual.
Comprobouse a correcta visualización deste sitio Web en diferentes
versións dos principais navegadores e en diferentes plataformas. Este
portal está optimizado para as versións dos navegadores MS Internet
Explorer 5.x e para Mozilla Firefox 1.5 ou versións superiores dos mesmos.
O portal do Boletín Oficial da Provincia de A Coruña está optimizado para unha
resolución de pantalla de 32 bits e 1024x768 píxeles, ainda que é perfectamente
navegable para outras resolucións.
Axuda técnica.
- Tamaño de letra variable: Se o usuario prefire un tamaño de texto distinto
ao predeterminado pode seleccionalo no navegador e a páxina adaptarase ao
novo formatado. O usuario poderá variar o tamaño do texto mediante a opción
do navegador Ver --> Tamaño do texto ou mediante a combinación de teclas Ctrl++
/ Ctrl --.
- As táboas usadas para maquetar foron eliminadas. Seguindo as
recomendacións de accesibilidade, esta maquetación acadouse mediante
elementos de bloque (div, etc...) e follas de estilo en cascada (CSS).
- Toda páxina pode ser lida sen follas de estilo ou con aquelas que o usuario
poida estar utilizando respondendo ás súas propias necesidades.
- As imaxes decorativas son totalmente prescindibles para unha comprensión do
contido. Achégase un texto equivalente para todo elemento non textual.
- Ruta de navegación: o usuario sempre saberá en que sección/subsección se atopa
grazas á ruta de navegación que poderá atopar na parte superior
da páxina.