- A partires do 22 de xuño de 2009 a publicación do Boletín Oficial da Provincia da Coruña realízase en soporte electrónico. Esta edición electrónica ten carácter oficial e auténtico. O acceso á edición electrónica é de carácter universal e gratuito.

- Os dereitos de propiedade intelectual da web "Boletín Oficial da Coruña" e dos seus contidos son titularidade da Deputación Provincial da Coruña, estando amparados pola Lei de Protección Intelectual.

- A Deputación Provincial da Coruña resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida na súa web ou na súa configuración ou presentación.

- Os anuncios publicados no Boletín Oficial da Provincia son os únicos contidos que teñen a consideración de oficial e auténtico. A Deputación non asume responsabilidade algunha en relación co resto da información ofrecida, nin polo uso que poidera facerse da mesma debido a erros, erratas, omisións ou manipulacións da mesma.

- O Boletín Oficial da Provincia ofrece os seus servizos de consulta en liña de forma gratuita. Queda autorizada a reproducción destes contidos para uso propio.

- A Deputación non pode garantir que o seu servizo non quede interrumpido ou afectado por problemas técnicos, e non asume responsabilidade algunha respecto os mencionados problemas.

- Tanto o acceso á web, como o uso que poida facerse da información contida na mesma son da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. A Deputación non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuizo que poideran derivarse do mencionado acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estricto exercicio das súas competencias.

- A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como os prexuizos e quebras ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial da Deputación Provincia da Coruña darán lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan á mencionada Administración e, no seu caso, ás responsabilidades que do mencionado exercicio se deriven.

- A Deputación non será responsable da información que se poida obter a través de ligazóns ou que proveña de fontes alleas a esta Administración.

- Os datos aportados polos interesados empregaranse, con carácter único e exclusivo, para os obxectivos previstos no procedemento ou actuación de que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado.


Aviso legal sobre a edición electrónica do Boletín Oficial da Provincia


- A Deputación Provincial da Coruña garante, a través de redes abertas de telecomunicación, o acceso universal e gratuito á edición electrónica do Boletín Oficial da Provincia.

- A edición electrónica do Boletín Oficial da Provincia estará accesible na sede electrónica da Diputación Provincial da Coruña na data que figure na cabeceira do exemplar diario, salvo que isto resulte imposible por circunstancias extraordinarias de carácter técnico.

- A Deputación garante a autenticidade, integridade e inalterabilidade do contido do Boletín Oficial da Provincia en formato electrónico.

- O procedemento de sinatura electrónica avanzada emprégase, por parte da Deputación, para a sinatura e autenticación de cada Boletín electrónico publicado a diario. Os cidadáns poden verificar o cumprimento destas esixencias mediante aplicacións estándar.

- Os orixinais serán transcritos na mesma forma na que se atopen redactados e autorizados polo órgano remitente, sen que por ningunha causa poidan variarse ou modificarse os seus textos unha vez teñan entrada no Boletín Oficial da Provincia, coa única excepción de que o órgano remitente dea súa autorización de forma fidedigna.

- O solicitante do inserimento responsabilízase do contido do texto a publicar, así como dos efectos que, fronte a terceiros, poideran derivarse do mesmo.

- Con anterioridade ao 22 de xuño de 2009, só ten a consideración de oficial e auténtica a edición en papel.